9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

CONCURSO ESCOLAR FAINO VERDE

Este concurso ten como misión traballar a educación para entender a necesidade dun consumo responsábel na aula dunha maneira creativa, divertida e innovadora, procurando a interacción do alumnado. A dinámica do Concurso está adaptada á LOMLOE, cun modelo de aprendizaxe activa e baseada nas competencias; e todos os seus recursos didácticos axústanse ao currículo escolar.

Esta edición busca primeiro estudar a contorna do centro educativo e o seu impacto sobre o ambiente para, despois, desenvolver diversas accións consecuentes que permitan e faciliten pequenos cambios no noso día a día; animando ao alumnado participante a buscar solucións e técnicas que fagan das súas aulas lugares sustentábeis, e a reflexionar sobre como crear contornas mellores..

O obxectivo é traballar a conciencia ecosocial dos alumnos e alumnas, e o seu papel como axentes de cambio para mellorar a súa contorna máis próxima, convidándoos a pasar á acción para convertérense en cidadáns con espírito crítico e ecorresponsábel.

Alén diso, a proposta da 9ª edición de Hazlo Verde é 100 % flexíbel e está deseñada para adaptarse ás diferentes formas de traballar de cada docente.

Apúntate