9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Material didáctico

Situación de aprendizaxe Categoría B

Propoñémosche unha serie experiencias de aprendizaxe para profundar sobre como transformar a vosa aula e a súa relación coas solucións que garanten a sustentabilidade. Estas experiencias facilitarán a realización do voso traballo de participación.

Ecoinvestigadores/as!

O voso labor consiste en convencer ao resto de compañeiros e compañeiras do colexio para que se somen á transformación das súas aulas!

Pensade en como convencer ao resto de compañeiros/as do colexio por medio dun cartel con mensaxe.

Teredes que debuxar un deseño gráfico cun lema inspirador que axude ás aulas da vosa escola a sumarse á transformación sustentábel, concienciando á vosa contorna da importancia de ser respectuosos e facer un uso sustentábel da auga, os recursos e a enerxía, así como da reciclaxe e o valor do ambiente.

Agrupados en equipos creativos de traballo, pide ao alumnado que reflexione sobre o que significa ser sustentábel e como transmitilo por medio dunha mensaxe motivadora que anime ao resto da comunidade educativa a transformar as súas aulas.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

  1. Entrega a ficha a cada equipo.
  2. Pide que reflexione sobre que é ser sustentábel: frases que evoquen o significado e a súa importancia no día a día.
  3. Pide que se imaxinen as imaxes que mellor representan o concepto da sustentabilidade: poden reflexionar sobre os 5 factores da sustentabilidade (auga, recursos, enerxía, economía circular, xestión de residuos e reciclaxe).
  4. Cando cada equipo teña as frases e as imaxes seleccionadas, será o momento de poñelas en común.
    1. Recolle a ficha de cada equipo de traballo: expón todos os debuxos e as frases no encerado.
    2. Debate grupal e votación: Seleccionade, como grupo-clase, a frase que mellor transmite a mensaxe, así como as imaxes que mellor se axustan á mensaxe.
  5. Deseñade o cartel empregando as técnicas que máis vos gusten, desde as máis tradicionais (debuxado, con colaxe) ás máis modernas (con programas informáticos, etc.)
  6. Unha vez estea creado, sobe o cartel á túa Área Privada de docente para participar no concurso.

FICHA DESCARGÁBEL

VOLVER