9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Obradoiros ambientais

Os obradoiros son unha gran ferramenta para transmitir ao teu alumnado hábitos respectuosos co ambiente, dunha maneira lúdica e baseada na aprendizaxe experiencial. Estes coñecementos axudaranlles a ser cidadáns con criterio á hora de consumir máis alén dos seus fogares.

A dinámica do obradoiro está dirixida ao alumnado de Educación Primaria inscrito no concurso (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º).

Nela achegarédesvos á sustentabilidade no fogar a través dun xogo no que teredes que cumprir unha misión: conseguir os 5 produtos ecodeseñados necesarios para reformar a casa de vacacións dos avós.

Por equipos e avanzando polo taboleiro teredes que superar os desafíos que vaian aparecendo para conseguir o voso obxectivo. E aínda hai moitas outras sorpresas!

Existen 3 niveis para o obradoiro, adaptados á idade dos participantes (alumnado de 1º-2º, 3º-4º ou de 5.º-6.º de Primaria), e dispoñíbeis en todas as linguas cooficiais, castelán e inglés.

Podes elixir dúas modalidades de obradoiros:

Como me apunto?

Para apuntarte nos obradoiros, é necesario estar inscrito no programa de acción educativa cun grupo ou clase, polo menos. Se aínda non estás inscrito podes facelo aquí.

Posteriormente, desde a túa Área Privada, poderás apuntarte da seguinte maneira:
Seleccionando a modalidade que máis che interese.