Situación de aprendizaxe Categoría A
Propoñémosche unha serie experiencias de aprendizaxe para profundar sobre como transformar a vosa aula e a súa relación coas solucións que garanten a sustentabilidade. Estas experiencias facilitarán a realización do voso traballo de participación.
Ecoinvestigadores/as!
O voso labor consiste en convencer ao resto de compañeiros e compañeiras do colexio para que se somen á transformación das súas aulas!
Pensade en como convencer ao resto de compañeiros/as do colexio por medio dun cartel con mensaxe.
Teredes que debuxar un deseño gráfico cun lema inspirador que axude ás aulas da vosa escola a sumarse á transformación sustentábel, concienciando á vosa contorna da importancia de ser respectuosos e facer un uso sustentábel da auga, os recursos e a enerxía, así como da reciclaxe e o valor do ambiente.
Agrupados en equipos creativos de traballo, pide ao alumnado que reflexione sobre o que significa ser sustentábel e como transmitilo por medio dunha mensaxe motivadora que anime ao resto da comunidade educativa a transformar as súas aulas.
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE
- Entrega a ficha a cada equipo.
- Pide que reflexione sobre que é ser sustentábel: poden ser frases que evoquen o significado ou palabras.
- Logo, pide que se imaxinen as imaxes que mellor representan o concepto da sustentabilidade: poden reflexionar sobre os 5 factores da sustentabilidade (auga, recursos, enerxía, economía circular, xestión de residuos e reciclaxe).
- A continuación, é o momento de pensar na mensaxe motivadora:
- Pide que escriban, en follas soltas, as palabras ou frases que pensaron no primeiro paso desta actividade.
- Tamén podes pedir que chas digan e ti escribilas no encerado.
- Cando estean todas, será o momento de facer unha chuvia de ideas: pide que constrúan unha frase motivadora ou un lema con esas palabras.
- Cando teñades a mensaxe definida, o seguinte paso será o deseño do cartel.
- Poñede en común as imaxes que se imaxinou cada equipo de traballo: recolle a ficha e expón todos os debuxos no encerado.
- Seleccionade, como grupo-clase, as imaxes que mellor representen a mensaxe creada no paso anterior.
- Deseñade o cartel empregando as técnicas que máis vos gusten desde as máis tradicionais (debuxado, con colaxe) ás máis modernas (con programas informáticos, etc.)
- Unha vez estea creado, sube o cartel á túa Área Privada de docente para participar no concurso.
FICHA DESCARGÁBEL
VOLVER