Situación de aprendizaxe Categoría D
Propoñémosche unha serie experiencias de aprendizaxe para profundar sobre como transformar a vosa aula e a súa relación coas solucións que garanten a sustentabilidade. Estas experiencias facilitarán a realización do voso traballo de participación.
Ecoinvestigadores/as!
O voso labor consiste en convencer ao resto de compañeiros e compañeiras do instituto para que se somen á transformación das súas aulas!
Pensade en como convencer ao resto de alumnos e alumnas do instituto por medio dun vídeo de tipo reel de Instagram ou TikTok, cunha mensaxe con gancho que motive ao resto de escolares do instituto para transformar a súa aula nunha aula sustentábel.
Deberedes crear un vídeo curto e dinámico, cunha mensaxe inspiradora que axude ás aulas do voso centro educativo a sumarse á transformación sustentábel, concienciando á vosa contorna da importancia de ser respectuosos co ambiente e facer un uso sustentábel da auga, dos recursos e da enerxía, da importancia da economía circular, así como da reciclaxe e a xestión dos residuos.
Agrupados en equipos creativos de traballo, pide ao alumnado que reflexione sobre o que significa ser sustentábel e como transmitilo por medio dunha mensaxe motivadora que anime ao resto da comunidade educativa a transformar as súas aulas.
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE
- Entrega a ficha a cada equipo.
- Pide primeiro que reflexionen sobre que significa ser sustentábel, a importancia de adoptar actitudes sustentábeis, así como as consecuencias que ten non selo, sobre o planeta e o futuro dos recursos.
- Pide despois que reflexionen sobre as accións diarias que fan da aula un lugar sustentábel: que accións seguen os 5 factores da sustentabilidade, con exemplos que se adoptan na clase e que poden mostrarse motivadoras para a audiencia.
- Pide logo que reflexionen sobre a mensaxe: pide que elaboren unha mensaxe motivadora e con gancho, que sexa convincente para a audiencia. Poden investigar sobre o tema e seleccionar algúns datos de impacto (porcentaxes, previsións de futuro, etc.) que poderán mencionar ou deixar como unha sobreimpresión na imaxe do vídeo.
- Cando cada equipo teña as ideas seleccionadas, será o momento de poñelas en común.
- Recolle a ficha de cada equipo de traballo: expón todas as ideas no encerado.
- Debate grupal e votación: Seleccionade, como grupo-clase, a frase que mellor transmite a mensaxe, así como as imaxes que mellor se axustan a esa mensaxe.
- Unha vez estea creado o vídeo, súbeo en formato .mp4. á túa Área Privada de docente para participar no concurso.
FICHA DESCARGÁBEL
VOLVER